jueves, 16 de abril de 2020

RETOS SEMANA DOS BICOS

Xa temos algunha mostra desta semana dos bicos nas que estamos a facer traballos artísticos e de expresión escrita moi sentimentais.


Agustina, despois de visualizar o conto "Un beso antes de desayunar" de Raquel Díaz Reguera, decorou un bico para a súa avoa que está en Arxentina para que viaxe cada mañá e chegue ata ela...


Maya, personalizou o seu propio tarro de bicos de cores, decorou un enorme bico que quere que viaxe por Vigo ata chegar as súas amigas e escribiu as características dos bicos para despertas ás princesas que viven eternamente durmidas!





Irene, deseñou un tarro cun bico de amizade para todas as súas amigas que fai tempiño que non ve...


Martín, acordouse de tódolas persoas que están enfermas e dos sanitarios e sanitarias que están a traballar moi duro durante este confinamento e mandoulles o bico para todos eles e todas elas.


Daniel, debuxou no seu tarro un bico sorpresa, xa que son os que máis lle gustan. Ademais dun bico encarcelado posto que agora mesmo temos moitos bicos presos, pendentes por dar.




Lucía, decorou un bico para que chegase a súa madriña, un bote cun bico dela para cando estemos tristes e escribiu as características dos bicos que converten aos príncipes en ras.



Sofía, decorou un bico para que chegue a cualquier país do mundo e vaia directo ás persoas que están sufrindo.


Gael, envía un bico arco da vella para que viaxe ata chegar a Suiza onde está a maior parte da súa familia. 



Hugo, mandounos un bico que lle gustaría que voase ata chegar a súa bisavoa, un tarro e bicos de amor para a toda a súa familia e amigos e as características de diferentes tipos de bicos como o de bos días, o bico perdido e ese primeiro bico que nunca se esquece! 




Andrés, enviounos un bico metralleta porque di que dun bico saen moitísimos que se van desperdigando entre a xente!


Valentina, enviounos un superbico cos beizos vermellos desos que deixan pegada!




Iago Vázquez, fíxonos chegar un tarros de bicos pedorreta dese que fan cóxegas e un bico para a nosa compañeira Maya!




Jon, ofrece un bico para todas esas persoas que están enfermas e pasando un mal momento!


Xián, creo un bote de bicos curativos para cando estamos maliños na cama, se mancas un xeonllo xogando ou para cando che poñen unha vacina!


Yoel deseñou un bote de bicos sorpresa deses que non te esperas e un bico para a súa compañeira Lucía porque é moi boa!






A SEGUIR BICÁNDONOS UN POUQUIÑO MÁIS...MUACS!