Esta vez imos a comunicarnos cun compañeiro ou compañeira da clase, pero...COMO? SE ALGÚNS E ALGUNHAS ESTAMOS TAN LONXE... Pois moi sinxelo, a través dunha CARTA!
Sei que algún e algunha de vos quizais non escribiu moitas ou incluso ningunha, agora que estamos nun momento tecnolóxico moi avanzado utilizamos outros recursos, pero...non pasa nada porque para todo hai unha primera vez!
O primeiro e máis importante é ver ben a quen vos toca escribirlle unha carta. Pensa ben o que lle queres contar sobre estes días na casa: que fas ao longo do día, o que máis che gusta de estar na casa, o que menos... Pensa en GALEGO e ten en conta a seguinte estructura para facer unha boa carta e non deixarte nada atrás:
1º: Data
2º Saúdo ao destinatario ou destinataria
3º Corpo da carta
4º Despedida
5º Firma
Tedes ata o 2 de abril (incluido) para a súa entrega! Durante a Semana Santa estate atentos e atentas ao buzón do correo electrónico porque...quen sabe...quizais teñas UNHA CARTA PARA TI!