viernes, 30 de octubre de 2020

COMO TALLAR UNHA CABAZA

 Esta fin de semana é un momento estupendo para tallar a vosa cabaza en familia aproveitando para contar historias de medo e convertir unha noita da nova normalidade nunha noite de aquelarre.

Se queredes saber como tallar a vosa cabaza, non deixe des de visitar o blog do equipo de Dinamizaciòn Galega do Seis, no que atoparedes un vídeo explicativo con algunha que outra cara coñecida!🙂🎃👻

TITORIAL DE CABAZAS





Envíame a foto da túa cabaza para celebrar un SAMAÍN VIRTUAL!

SESIÓN ESPECIAL DE SAMAÍN

Hoxe celebramos a nosa festa de SAMAÍN durante toda a xornada visualizando e traballando coa película de TIM BURTON: "Frankenweenie".


Aquí tendes o tráiler da película de TIM BURTON para facer memoria na casa e rematar a ensalada de actividades:




DESFRUTADE moito da tenebrosa fin de semana! 


DOODLES HALLOWEEN

 Bo día mes queridiños e queridiñas BILLY ELIOTS xa é venres! Pero non é un venres calqueira NON!

Déixovos o enlace aos DOODLES DE GOOGLE de diferentes anos adicados a... HALLOWEEN! Para que desfrutedes das aventuras que se esconden baixo un só "clic".

Como? Que non recordades que é un DOODLE?! Entra e investiga!

DOODLES HALLOWEEN




martes, 27 de octubre de 2020

RECURSOS DO SAMAÍN

 Meus queridios e queridias BILLY ELIOTS, sabedes que estamos a piques de conmemorar un día, que digo un día, unha noite moi moi especial?!

COMO? QUE AÍNDA NON SABEDES CAL? Pois xa estades tardando en entrar no blog recén saído do forno do noso equipo de Dinamización da Lingua Galega do Seis: O Fiadeiro!

Nel atoparedes unha morea de recursos relacionados co SAMAÍN para aprender, desfrutar e facer que a nosa cultura sexa cada vez máis rica!

Preme no enlace e adéntrate no FIADEIRO DO SEIS:


O FIADEIRO DO SEIS



E se queres ler e ler sen parar.. o blog da nosa biblioteca ATLAS DOS SOÑOS, ofrécevos un sinfín de contos de medo para vivir terroríficas aventuras dende o voso sofá!

Preme no enlace e adéntrate na BIBLIOTECA DO SEIS:









domingo, 25 de octubre de 2020

VÍDEO E ACTIVIDADES INTERACTIVAS CCSS TEMA 3

 Meus queridiños e queridiñas Billy Eliots, esta semana comezamos un novo tema de CCSS con moitos contidos novidosos que iremos desgranando pouco a pouco.

Déixovos recursos interesantes que vos poden axudar a interiorizar toda a información.


O RELEVO:











O SOLO:





PARA ESTES DOUS  ENLACES TEDES QUE TER DESCARGADO ADOBE FLASH PLAYER E UTILIZAR UN ORDENADOR!


Despois de ver os vídeos sobre o solo... PRACTICA!




PAISAXES DE ESPAÑA:




PARA ESTES TRES  ENLACES TEDES QUE TER DESCARGADO ADOBE FLASH PLAYER E UTILIZAR UN ORDENADOR!


CONSERVACIÓN DO MEDIO:



PARA ESTES DOUS  ENLACES TEDES QUE TER DESCARGADO ADOBE FLASH PLAYER E UTILIZAR UN ORDENADOR!


SE CHEGACHES ATA AQUÍ... PARABÉNS POLO TEU TRABALLO!














ACTIVIDADE DA BIBLIOTECA DO SEIS

 Este curso a biblioteca do cole invítanos a sumerxirnos no noso proxecto de centro adicado ao baile,  tavés dun reto mensual!

Déixovos o enlace ao blog da biblio: ATLAS DOS SOÑOS no que podedes atopar toda información sobre esta actividade mensual que comeza XAAA!

O lunes faremos entrega dos pasaportes individuais que teremos na aula para ilos selando cada vez que participedes nun dos retos.


Animarvos, unha vez máis, a participar nas actividades plantexadas polos nosos equipos de dinamización.


E ti? A que esperas para participar?💃🏻🕺🏽

viernes, 23 de octubre de 2020

ILUSIÓNS ÓPTICAS

Hoxe descubrimos que é MOI sinxelo facer ilusións ópticas, verdade? Simplemente cunha imaxe pegada nun folio e uns rotus de cores para facer o relieve da mesma e...VOALÁ!

Velaquí tedes algún resultado:





PARABÉNS AOS E ÁS ARTISTAS!






martes, 20 de octubre de 2020

SESIÓN ESPECIAL OS MARTES

 Hoxe temos unha nova! 

Resulta que cada dous martes teremos unha sesión especial en 4ºB!

 Como que? Que siiiiiiii! Que a pesar dos pesares seguimos aprendendo e seguimos innovando!


Como ben vos comentaba, cada dous martes dividiremos a clase á metade e, unha parte dela, acudirá á aula de informática, coa súa titora, para traballar cos contidos do noso blog e co procesador de textos. Menrtes que, outra metade, quedará na aula coa nosa mestra Lucía para traballar cos robots que temos na escola.

Hoxe foi o noso primeiro martes de pura innovación e velaquí tedes unha pequena mostra de todos os bos momentos que se aveciñan:





lunes, 19 de octubre de 2020

RECURSOS DIXITAIS EN LINGUA GALEGA

Como ben sabedes, esta semana será algo intensa e teremos un pequeno  control de Lingua Galega.

Por iso aquí tendes unha serie de recursos na rede en GALEGO para practicar e poñer as vosas cabeciñas a funcionar.


Estades preparados e preparadas? Seguro que si!


 RECORDA TER DESCARGADO ADOBE FLASH PLAYER!


VOCABULARIO A CASA 


ORTOGRAFÍA B


PALABRAS CON B


PALABRAS CON B II


ORTOGRAFÍA Z






O APARATO LOCOMOTOR

 Benvidos e benvidas a unha nova semaniña! Cargada de aprendizaxe, aventuras e moito baile!

Déixovos unha recopilación de recursos do tema 3 de CCNN sobre o aparato locomotor para que desfrutedes desta tarde chuviosa!











FICHAS INTERACTIVAS:

viernes, 16 de octubre de 2020

OS VENRES SON DE BILLY ELIOT

 Un venres máis aquí estamos intrigadisimos e intrigadísimas coa nosa peli do proxecto e co noso acompañante durante este curso: BILLY ELIOT!

Hoxe descubrimos que está catalogada dentro do xénero do drama, principalmente, aínda que tamén descubrimos que hai momentos de intriga e, outros que nos recordan  a un musical!

Teremos que esperar ao venres que ven para resolver moitas dúbidas que temos:

Como lle irán a Billy os ensaios coa súa mestra?

Descubrirá o seu pai que continúa bailando?

Acudirá á escola de Londres?

Fará a proba de baile?

Escollerán a BILLY ELIOT?


Mentres tanto, déixovos a canción que descubrimos hoxe cun baile moi divertido de Billy e a súa mestra para comenzar a fin de semana con bo ritmo!



RECORDA QUE... BAILAR É SOÑAR COS PÉS!




jueves, 15 de octubre de 2020

FICHAS INTERACTIVAS TÁBOAS DE MULTIPLICAR

 Ola meus queridiños e queridiñas! 

Hoxe comezamos co repaso da multiplicación e temos que facer memoria, non si? Ai esas táboas de multiplicar que olvidadiñas as temos!

Non vos preocupedes! Estamos a tempo, pero temos que empezar dende XA!

Déixovos un enlace a fichas interactivas sobre as táboas, para que fagades memoria dun xeito máis lúdico, que vos parece?!

XA ME DIREDES QUE TAL VOS  VAI...OU MELLOR AÍNDA...XA O COMPROBAREI CANDO PREGUNTE AS TÁBOAS POR SORPRESA JIJIJI (risa maliciosa).


FICHAS INTERACTIVAS TABLAS DE MULTIPLICAR



miércoles, 14 de octubre de 2020

XOGO DOS SENTIDOS

 Meus queridiños e queridiñas déixovos un enlace cuns xogos sobre os sentidos da páxina no Ceip Loreto na que podedes atopar un sinfín de actividades das diferentes áreas e editoriais! 

Espero que vos sirvan como repaso e axuda para mañá:


XOGOS INTERACTIVOS DOS SENTIDOS




IMPORTANTE TER DESCARGADO ADOBE FLASH PLAYER PARA QUE FUNCIONEN!

martes, 13 de octubre de 2020

BINGO DOS SENTIDOS

 Demostra canto sabes sobre os sentidos e repasa para o control de CCNN!

Podes poñer a proba a toda a familia! Estades preparados e preparadas? 

1. Recorta un folio e colle tres anacos.

2. Escribe en cada un unha letra: A, B e C

3. Por detrás: V e F.

4. Concéntrate e a xogar!














viernes, 9 de octubre de 2020

ESTAMOS DE PONTE!




VOLTAREMOS O MÉRCORES CON MÁIS E MELLOR!

MANUALIDADES DE OUTONO

 O outono xa vai collendo forma en 4ºB, coas súas cores, coas súas sombras e as súas luces... Un curso máis, aquí está novamente, pisando forte!

Como temos que darlle a aula un ambiente acorde coa estación, na sesión de Plástica fixemos uns mosaicos coas cores e formas do outono a mar de vistosos! Velaquí tedes unha pequena mostra:






TAREFA PARA A PONTE

Esta ponte disfruta só/ soa ou acompañado/a da túa canción e baile favorito paso a paso:

1º Escolle unha canción: a que máis che guste ou a que máis che guste bailar.

2º Averigua uns datos sobre a túa canción.

3º Copia seu retrouxo.

4º Debuxa ao que che inspira.

5º Fai un pequeño vídeo bailando a túa canción.




Recorda que...BAILAR É SOÑAR COS PÉS!


jueves, 8 de octubre de 2020

A CARTA E AS SÚAS PARTES


 Meus queridiños e queridiñas, esta semana estamos practicando o formato carta: cales son as súa partes, formas para despedirse, formas para saudar, tipos de carta que existen...

Aquí tendes un pequeno vídeo coa información máis importante!


E, como ben sabedes, a escribir apréndese escribindo... puxémonos mañá a obra:












domingo, 4 de octubre de 2020

VÍDEO E ACTIVIDADES MATEMÁTICAS 1

 Aquí tendes un breve repaso do tema 1 de Matemáticas no que podedes atopar vídeos explicativos e actividades interactivas para seguir aprendendo e xogando cos números!

UNIDADES DE MILLÓN:

VÍDEO UNIDADES DE MILLÓN

Ficha interactiva 1

Ficha interactiva 2

Ficha interactiva 3

OPERACIONES COMBINADAS:

Operaciones combinadas 1

Operaciones combinadas 2

NÚMEROS ORDINALES:

Vídeo números ordinales

Ficha interactiva números




viernes, 2 de octubre de 2020

BAILENOTICIERO XA EN MARCHA!

Este curso retomamos o BAILENOTICIEIRO no que cada venres un neno ou nena, a sorteo, terá que buscar e traballar cunha noticia relacionada co baile/música.

Trátase dunha actividade para facer en colaboración coas familias na búsqueda e selección dunha noticia que teña que ver co noso proxecto, abordando unha tipoloxía textual que está presente no noso día a día.



PROXECTO BAILE NO CINE






 Hoxe arrincamos coa nosa aportación ao proxecto de centro baixo o título: BAILE NO CINE!

Cómo sabedes, temos un novo compañeiro de aventuras para este novo curso que é... BILLY ELIOT! Como? Que aínda non sabedes quen é? Pois hoxe xa descubrimos un montón de cousas interesantes sobre este neno, non si?!

Cada venres visualizaremos un pequeno fragmento da película e traballaremos con ela. Na primeira sesión descubrimos quen foi o seu director, de que ano é, onde se rodou, cales son os seus personaxes principais...

Estamos tolos e tolas por saber máis, pero teremos que esperar ao próximo VENRES!

Mentres tanto, aquí tendes unha pequena mostra da nosas portadas para o proxecto e do traballo do día.



jueves, 1 de octubre de 2020

CADERNOS INTERACTIVOS CCNN

 Agora que xa somos uns expertos e unhas expertas nos sentidos teremos que demostralo, non si?


O curso pasado inicíamonos nos cadernos interactivos en base a unha plantilla xa elaborada, pero este curso imos dar un pasiño máis e... IMOS CREAR E DESEÑAR OS NOSOS PROPIOS CADERNOS INTERACTIVOS!


Hoxe comezamos co noso primeiro deseño no que, simplemente facendo dous cortes ao folio, conseguimos 3 pestanas nas que engadir a información que precisemos! E... que queremos saber dos sentidos?! Pois así xurdiron as 3 pestanas:

QUE PERCIBIMOS?

CAL É O SEU ÓRGANO?

CALES SON AS SÚAS PARTES?

É unha estratexia moi boa e interesante para sintetizar e seleccionar a información máis importante e, incluso, para repasar e comprobar todo o que sabemos!


Velaquí vos deixo unha pequena mostra! Haberá máis e millor!