jueves, 16 de abril de 2020

EL BESO DE KLIMT

Bo día meus queridiños e queridiñas Malalas hoxe temos novo reto sobre os bicos!

Sabedes que esta semana estará adicada aos bicos así que seguimos bicándonos un pouquiño máis MUAC!

Déixovos dous vídeos sobre o famoso cadro de Gustav Klimt: EL BESO. Sabedes algo sobre o autor? E sobre o cadro?

Espero que disfrutedes  moito do día porque BESO+ARTE= ....





RETO ARTÍSTICO: Visualiza os vídeos sobre o cadro e historia de Klimt e completa a flor coa información máis importante seguindo as seguintes indicacións:

Pétalo 1: Nome e apelido do autor
Pétalo 2: Nome e data da obra
Pétalo 3: Lugar onde está exposta
Pétalo 4: Etapa artística á que pertence
Pétalo 5: Unha característica principal da obra
Pétalo 6: Outra característica da obra
No centro da flor: Debuxa as caras dos protagonistas do cadro