lunes, 27 de abril de 2020

PROPOSTA DE ACTIVIDADES DO 27 AO 30 DE ABRIL

Aquí seguimos Malalas unha semaniña máis! Esta semana motivados coa noticia de que imos a comezar coas videoconferencias por equipos de traballo! 

Por outra banda, temos un novo texto e, con el, un sinfín de actividades e de traballos que iremos facendo cada día.

Tócanos un texto moi divertido do grandísimo Roald Dahl. Un conto titulado CENICIENTA non é unha historia de CENICIENTA das que tendes lido e escoita falar...NON NON é a CENICIENTA da obra titulada "CUENTOS EN VERSO PARA NIÑOS PERVERSOS"!

Creo que con este título xa vos podedes ir facendo unha idea de que esta CENICIENTA non é a de sempre! 

Desfrutade moito destes días descubrindo que os textos tradicionais poden ser versionados e moi ben por certo!

Velaquí a ensalada de actividades:







CONSELLOS PRÁCTICOS:

1. Comeza escoitando e bailando coa canción do día.
2. Reparte as tarefas en 4 días (non fagas todo hoxe), están pensadas para desfrutar e facer aos poucos!
3. Podes rematar esta ensalada de actividades facendo algunha das actividades propostas pola mestra de EF!


Coma sempre, o texto e as actividades completas na nosa carpeta de Drive:

https://drive.google.com/drive/folders/1iQF2Fk_KM73apyPvX8tkvJmZtLCOtliZ