jueves, 21 de diciembre de 2023

CARTA AOS REIS MAGOS

 Chegou o último día deste trimestre!

Hoxe escribimos a carta aos Reis Magos, pero non pedimos únicamente para nòs… Non non! Tamén para o mundo, para a nosa familia, para as persoas que precisan axuda…

Porque se algo aprendimos durante estas semanas de decembro é que… TER O QUE PRECISAS É TELO TODO!







BO NADAL A TODOS E TODAS!

martes, 5 de diciembre de 2023

PRIMEIRA SAÍDA

 O trimestre está a piques de rematar, pero os nosos actores e actrices continúan traballando e aprendendo día a día.

Hoxe… fora da escola! Pasamos a mañá en Naturnova onde desfrutamos dunha exposición adicada aos seres vivos e o universo. Xustamente os temas que traballamos este trimestre nas Ciencias! 

De modo que foi unha oportunidade para facer memoria e descubrir máis cousas aínda!










Rematamos a mañá merendando na Porta do Sol, dando un paseo pola rúa do Príncipe e a Alameda así quentamos o corpo que boa falta facía!

viernes, 1 de diciembre de 2023

COMEZAMOS DECEMBRO

 Cunha visita moi especial! 

Hoxe chegamos a aula e tiñamos as fiestras decoradas, quen sería? Os nenos e nenas de 3ºB apostaron polo elfo do Nadal.

Pronto saímos de dúbidas porque, un rato despois, apareceu un sobre enriba dunha cadeira.


Abrímolo e… SORPRESA! Tiña dentro unha carta asinada coas pegadas dun elfo!


Nela contounos que estivera onte pola noite na nosa aula decorando un pouco, pero que nos deixou algunha fiestra para que sexamos nós os responsables de decórala. Ademais dun calendario de adviento con actividades divertidas para facer en clase e en casa!

Para o DÍA 1 pediunos escribir 4 cousas que tivéramos ganas de facer ou que nunca fixeramos.

Para o DÍA 2 na casa, temos que buscar información sobre a flor de pascua e facer un debuxo dela.

Para o DÍA 3 na casa, debuxar unha estrela fugaz e escribir dentro unha palabra en galego relacionada co Nadal.

Estades preparados e preparadas? Pois comezamos!