miércoles, 9 de septiembre de 2026
martes, 8 de septiembre de 2026
martes, 1 de septiembre de 2026
VOLTAMOS!
Xa estamos de volta na escola argallando a chegada dos nenos e nenas de 4ºB. Espero que teñades moitas gañas de comezar o novo curso. Que nervios! (Eu tamén teño unhas bolboretas no estómago).
Desfrutade desta fin de semana e vémonos o mércores 9 para aprender, xogar, darlle á lingua e todo o que se preste!
Coma sempre, déixovos unha pequena pista do proxecto que imos traballar neste curso. Que será, será… Haberá recompensa para o neno ou nena que o adiviñe ;)
viernes, 26 de junio de 2026
SÁIDA POLA CONTORNA CO CICLO
O último día de clase voltamos a facer unha saída pola contorna á Bouza, pois tendo un espacio como o que temos tan preto do cole hai que sacarlle proveito!
Esta vez, marchamos o 2º ciclo ao completo! Collemos as nosas mochilas coas nosas merendas e alá fomos!
Merendamos tranquilamente á sombra para rematar cun xogo final de búsqueda de información e pistas sobre o parque de A Bouza.
Fixemos os equipos mesturando nenos e nenas dos catro cursos e a verdade que traballaron moi ben en equipo e atoparon unha morea de información que descoñecían.
Rematamos coa entrega de agasallos:
1º premio: un trofeo e un paquete de gomas con temática de circo.
2º premio: un trofeo e unha goma con temática de circo.
3º premio: unha goma con temática de circo.
Velaquí unha pequena mostra desta nova aventura:
EXCURSIÓN FIN DE CURSO: SAN SIMÓN
Sabedes cal foi o mellor momento deste curso? A excursión á Illa de San Simón!
O día foi intenso: saída do cole ben cedo, autobús ata o Porto de Vigo, collimos o barco hacia a Illa de San Simón e alí desfrutamos do encanto e de toda a historia deste fermoso lugar.
Para a gran maioría foi todo un descubrimento, posto que non a coñecían ou sabían algunha cousiña sobre ela.
Tras descubrir toda a historia, comimos a modo picnic e, finalmente, rematamos cunha búsqueda do tesouro por equipos no que tiveron que percorrer a illa para tentar localizar as respostas.
EXCURSIÓN Á BOUZA COS NOSOS AFILLADOS E AFILLADAS
A última semana do cole foi intensa e deu para moito. non si?
O mércores marchamos a facer unha saída pola contorna cos nosos afillados e afilladas de 5º de EI.
Alí merendamos e xogamos arreo no parque.
Como colofón tomamos sabedes que?! UN XEADO!
Ben contentos e fresquiños voltamos á escola camñando. A verdade que foi unha saída xenial e de seguro repetiremos!
lunes, 15 de junio de 2026
viernes, 12 de junio de 2026
AS FAMILIAS CONTAN II
Este curso tivemos a gran sorte de ter a dúas mamás que viñeron a contarnos un conta na hora de ler.
A nai de Teo viu acompañada dun conto moi especial "A cousa que máis doe do mundo" e unhas galletas feitas por ela mesma para acabar con moi bo sabor de boca.
miércoles, 27 de mayo de 2026
TARRO DE BICOS
Polo día do bico, traballamos en clase o conto CATÁLOGO DE BESOS. Nel aparecen unha morea de bicos en función das nosas necesidades.
Gustounos tanto o conto que, en Valores, inventamos os nosos bicos e os metimos nun tarro para poder coller un sempre que o precisemos.
Eu teño claro cal collerería neste momento... e vós?
lunes, 18 de mayo de 2026
OBRADOIRO APARATO LOCOMOTOR
Xa sabedes que na nosa escola gústanos moito facer familia e contar con vosco para obradoiros, contacontos e todo aquilo que do que poidamos aprender de vós!
Neste trimestre contamos coa colaboración de Faustino, o pai de de Denis, mestre de Educación Física. Fixemos con el un bo repaso do aparato locomotor ademais de aprender curiosidades sobre o mesmo como que temos 639 músculos e 206 ósos!
Rematamos a sesión cun xogo para clasificar unha morea de vocabulario relacionado co tema.
jueves, 14 de mayo de 2026
OBRADOIRO DE RADIO
A semana pasada tuvimos q sorte de ter un obradoiro de radio con Damiàn. Por primeira vez, os nenos e nenas de 4º disfrutaron deste obradoiro no que aprenderon diferentes técnicas para realizar os nosos programas de radios, a partes coas que debe contar, a entoación que debemos empregar en cada momento, etc. Pasando ata pola parte mais técnica emprega do a mesa de mezclas.
Para todo isto, contamos cunha parte teórica na clase e despois baixamos à aula croma onde temos a radio do Seis.
Foi un luxo todo o que aprendimos e que traballamos a expresión oral e escrita en galego.
MOITAS GRAZAS a Damiàn polo seu tempo e traballo!
jueves, 30 de abril de 2026
COMO FACER COPLAS DOS MAIOS
Déixovos un vídeo con todo o que precisades saber para favor as cosas coplas!
lunes, 27 de abril de 2026
TRAPECISTAS
BENVIDOS E BENVIDAS AO CIRCO DE 3ºB!
Os nosos e as nosas artistas de circo continúan traballando arreo no noso PDI.
Esta vez elaboramos uns trapecistas moi saltaríns con material reciclado.
Velaquí unha pequena mostra:















































