domingo, 19 de abril de 2020

PROPOSTA DE XOGOS PARA REPASAR AS TÁBOAS

Ai esas táboas de multiplicar cantos dores de cabeciña nos dan... Pero non pasa nada! Aquí vos deixo  solución para repasar as táboas xogando en familia.

Agora é un bo momento para poder crear os vosos propios xogos co material que tedes na casa, incluso unha oportunidade para reutilizar material e darlle unha nova vida!

Podedes probar a facer un ...

BINGO DAS TÁBOAS DE MULTIPLICAR:


No seguinte enlace tedes a información completa, incluso un pequeno vídeo dunha partida:



Tamén podedes probar a practicar as táboas...

CON CARTAS:

Por parellas,, colledes as cartas e as repartides en partes iguais. Contades  ata 3 e sacadas cada un unha carta. Tedes que multiplicar rápidamente as dúas cartas que están no centro da mesa. O primeiro que o consiga, lévase as dúas cartas. Gaña a persoa que teña máis cartas ao final da partida, cando se rematen as cartas.


*Podedes facer este xogo tamén coas cartas do Uno quitando as cartas especiais e deixando únicamente as numéricas.


E por último, con depresores ou paus de madeira podedes crear o xogo...

 KABOOM!


Necesitaredes uns cantos paus de madeira, de xeado ou depresores (deses do médico) e un rotulador. Escribe en cada un dos paus unha multiplicación das diferentes táboas e comeza o xogo, para polo menos dous xogadores según a cantidade de paus que teñas: en cada turno, un xogador colle un pau e resolve  a operación que está escrita nel; se acerta, quédase co pau, e se faia retírase o pau do xogo. Tamén  hai o pau especial (a creadora chámao Kaboom!) que, se se colle, todos os xogadores perden os  seus paus e se comeza dende cero. Ao final gaña o colgador ou colgador a que máis paus teña.
Importante colocar os paus boca abaixo nun recipiente alto para ir sacando dun en un.
RETO: Deseña e practica algún dos xogos!