domingo, 5 de abril de 2020

HORTA DE CONFINAMENTO

Hoxe temos en primicia contarvos que nas casa dos nosos e das nosas Malalas están a suceder cousas...SIII... cousas!

Parece ser que, a pesar do noso parón, ou grazas a él, a natureza segue o seu curso e na casa de XIÁN decidieron probar sorte cunha HORTA DE CONFINAMENTO!

SI, SI... DE CONFINAMENTO! Unha proba máis de que a natureza só necesita do noso coidado e da nosa solidariedade para que crecer e medrar!

Cóntovos...Pois resulta que a nosa orientadora, Ánxeles, é unha experta nisto da horta e deulles unha serie de consellos e de ideas aos rapaces e rapazas para facer unha horta na súa casa nestes días de encerro.

Aquí tendes unha pequena mostra de como vai todo pola horta de Xián e de Ánxeles. Cal dará mellores “froitos”?



Grazas pola iniciativa! 


#euquedonacasa