viernes, 29 de enero de 2021

SE CHOVE... DEIXA CHOVERE!




Xa metidos e metidas plenamente no inverno 🥶 , hoxe fixemos unha manualidade en honor a chuvia. 

E que... a quen non lle apetece saltar enriba dun carcho cunhas boas botas de auga postas?

Velaquí redes algunha mostra feitas polos nosos e polas nosas BILLY ELIOTS.

Déixovos tamén unha canciòn que ten moito que ver coas nosas creacións do día para qué éntreles en calor.



LECTURAS POLA PAZ

 Hoxe celebramos na escola o Día da Paz! 

A biblioteca do Seis deixounos unha morea de propostas de lecturas para desfrutar estes días. 

Aproveita a fin de semana para estar quentiño e quentiña na casa coa compañía dalgunha das súas propostas de lecturas!


DÍA DA PAZ LECTURAS



miércoles, 20 de enero de 2021

RECURSOS E ACTIVIDADES INTERACTIVAS LC TEMA 6

 Billy Eliots seguimos avanzando e entrando en materia!


Déixovos unhas serie de recursos relacionados co traballo no Tema 6 de LC para que continuedes repasado e practicando dende a vosa casiña:

PALABRAS HOMÓFONAS







LA NOTICIA




JA, GE/JE, GI/JI, JO, JU












viernes, 15 de enero de 2021

PROXECTO BAILE NO CINE PARTE II

 Retomamos o noso proxecto deste curso: BAILE NO CINE!

Hoxe comezamos visualizando a película motivadora deste trimestre e traballamos os datos máis destacados da mesma para finalizar.

Velaquí unha pequena mostra e a seguir bailando!








jueves, 14 de enero de 2021

RETO DA BIBLIOTECA MES DE XANEIRO

 Xa está aquí o novo reto da biblioteca do Seis para seguir enchendo o teu pasaporte da biblio!

Atréveste unha vez máis?

Velaquí redes o enlace directo:

ATLAS DOS SOÑOS- RETO XANEIRO



CANCIÓN DO DÍA DA PAZ


 Seguimos quebra do motores esta vez para prepararnos para o Día Paz ☮️ que se conmemora o 30 de xaneiro co fin de promover a paz e a non violencia no mundo.

Dende a escola, contribuiremos á celebración a través das lecturas da biblio que chegará pròximamente (está de atentos e atentas!) e a preparación da canción de Migallas!

Velaquí tedes o enlace á canción para seguir cantando e repasando os signos dende as cosas cada:

CAMPÁS POLA PAZ


lunes, 11 de enero de 2021

MOCHILA DOS DESEXOS

 Xa estamos de volta! 

E coas pilas recargadas, hoxe comezamos cunha mochila dos desexos que cada neno e cada nena decorou ao seu gusto. Finalmente introduciron en cada bolsillo da mochila o seu desexo para este ano que continúa siendo tan extraordinario coma o anterior...

Recorda saír da casa coa túa mochila repleta de ilusiòns e bos desexos, deixando atrás os medos!

Velaquí unha pequena mostra: