A sección patricinadora deste ano é Eslovenia que difunde a mensaxe de Peter Svetinai lustrada por Damijan Stepancic: Fame de palabras.
Aquí tendes o cartel dese ano:
Se queredes saber máis sobre este día, só tendes que pulsar no seguinte enlace (só para curiosos e curiosas):
BIBLIOTECAS ESCOLARES DE GALICIA
Para conmemorar este fermoso día, aquí tendes unha serie de recursos moi apetecibles:
-Un corto que desperta en nós a necesidade de ler e de vivir outras aventuras, un mundo en branco e negro que cobra cor grazas aos libros.
-Unha canción baixo o título “Ler non é clandestino” moi divertida!
-Un agasallo: Un conto interpretado polo grupo de Teatro de Vilamarín, dirixido pola nosa PT Galicia, cunha adaptación do texto elaborada polo grupo de Teatro Xuntos, para que desfrutedes do día dende a vosa casiña, na millor compañía.
Esperamos que vos encante! Grazas Galicia!