viernes, 25 de octubre de 2019

INAUGURACIÓN DA BIBLIOTECA


Hoxe acudimos á biblioteca por primeira vez no curso moi ilusionados e ilusionadas!

Alí descubrimos unha morea de novidades relacionadas co proxecto deste curso: Cambiamos o mundo desde o seis.

Descubrimos unha mensaxe nunhq esfera colgada do teito coma se rose o noso planeta Terra. Agora temos que decorala entre todos e todas!

Tamén recollimos a nosa mochila viaxeira, que xa está preparada para ir de fogar en fogar.

Volveremos cada martes para facer o préstamo e desfrutar de tódolos seus recursos.

Moitas grazas ao equipo de Dinamización da biblioteca polo recibimento, xa estamos deseando volver.