jueves, 16 de abril de 2020

DÍA MUNDIAL DA ARTE

O 15 de abril conmemórase o Día Mundial da Arte co que se recorda o nacemento do artista italiano Leonardo Da Vinci, unha das figuras científicas, humanísticas e artísticas máis importantes da historia.

No blog da nosa biblioteca escolar, tendes numerosa información, enlaces, visitas virtuais a museos, contos, etc. relacionados con este día. Aproveitando que hoxe estamos a traballar unha obra pictórica de Klimt, invítovos a adentrarvos máis aínda no mundo da arte!