miércoles, 29 de abril de 2020

EMPRENDEDORES E EMPRENDEDORAS EN CONFINAMENTO

Outra cousa non, pero o que este confinamento nos está a dar é tempo! Tempo para estar cos nosos, tempo para cociñar, para ler, para facer deporte, para ver esa película que facía moito desexávamos ver, para aburrirnos, para enfadarnos, para rir, para chorar... sen dúbida, tempo para ser un pouco millor!

En 3ºB hai nenos e nenas que están a aproveitar moito este tempo e se están a converter en EMPRENDEDORES E EMPRENDEDORAS! Que qué é iso? Pois xente que non se queda quieta e ante as adversidades faise incluso máis grande!

E para mostra un botón!

Xián e a súa irmá, ademais dunha horta de confinamento, grabaron un vídeo cun reto para Oviravai que vos animan a facer na vosa casa para sacar todo o voso inxenio:



Gael, creou seu propio blog, tras botarlle un ollo ao de Malalas:

https://cambiemosomundo.blogspot.com/


Nerea, rétavos a facer unha gincana ninja na vosa casa aproveitando todos os obxectos que tendes nela:






E ti? Consideras que tamén es un emprendedor ou emprendedora confiando? Non dubides en compartir o teu inxenio con nós!