miércoles, 1 de abril de 2020

RETOS OVIRAVAI

COMO? QUE TODAVÍA NON ESTADES ENTERADOS E ENTERADAS DOS RETOS OVIRAVAI?

Pois xa estades tardando meus queridiños e queridiñas Malalas! É moi moi sinxeliño! 

Só tendes que buscalos en Instagram e estar atentos e atentas aos retos que van colgando para intentar facelos dende a vosa casiña. Descubriredes a algún mestre e algunha mestra coñecida seguro! É o momento de retar aos vosos mestres e mestras! De verdade que non ides aproveitar a oportunidade? jejeje.

Mentres tanto, aquí tendes unha canción de Oviravai para amenizar, cantar e bailar neste mércores 1 de abril!