jueves, 1 de octubre de 2026

TÍCKET DE ESCRITURA

Temos unha nova para este curso: os tícket de escritura!

Que? Como? Cada venres levaremos na libreta de LC ou de LG un tícket de escritura dunha tipoloxía textual traballada xa na aula previsamente.

Que tedes que facer? Pois moi sinxelo: 

1º. Poñer a data (como non!).

2º. Pegar o voso tícket de escritura nunha folla nova (limpa, en branco)

3º. A escribir!

Para iso tedes que ter en conta a estrutura da tipoloxía textual traballada, a ortografía, caligrafía e os signos de puntuación.



Estades preparados e preparadas? Cada luns leremos unha mostra de tícket dun neno ou nena de cada equipo!

miércoles, 16 de septiembre de 2026

VÍDEOS SOBRE A AGRICULTURA

 Como ben sabedes, este curso en Proxecto Competencial traballaremos a horta coa finalidade de baixar á HORTIÑA DO SEIS e facer unha morea de labores agrícolas nela.

Para comezar, precisamos centrar este tema e coñecer unha serie de conceptos moi básicos relacionados tamén coa área de CCNN.

Déixovos os vídeos que visualizamos hoxe mesmo na clase para facer memoria:






martes, 8 de septiembre de 2026

martes, 1 de septiembre de 2026

VOLTAMOS!

  Xa estamos de volta na escola argallando a chegada dos nenos e nenas de 4ºB. Espero que teñades moitas gañas de comezar o novo curso. Que nervios! (Eu tamén teño unhas bolboretas no estómago).

Desfrutade desta fin de semana e vémonos o mércores 9 para aprender, xogar, darlle á lingua e todo o que se preste!

Coma sempre, déixovos unha pequena pista do proxecto que imos traballar neste curso. Que será, será… Haberá recompensa para o neno ou nena que o adiviñe ;)