miércoles, 8 de mayo de 2024

OS MAIOS

 Esta semana estamos de festa grazas a chegada do mes de maio e, con el, as flores, cestas, fiunchos, laranxas… sònamos? Pois si, estamos a celebrar OS MAIOS!

O luns montamos o Maio e o martes foi díade coplas e Danza dos Paus.

Na clase estivemos investigando e plasmando toda a información importante sobre OS MAIOS en diferentes oragnizadores gráficos.

Velaquí o resultado:








martes, 7 de mayo de 2024

CADERNOS INTERACTIVOS COS SENTIDOS

 Continuamos aprendendo e desfrutar na escola, agora facendo cadernos interactivos coa información màis importante dos SENTIDOS.





O mellor de todo é que os propios nenos e nenas elaboran a súa plantilla: dobran cortan, miden… Unha vez feita  complétana coa información máis importante.

Que vos parece?

viernes, 12 de abril de 2024

PRIMAVERA XEOMÉTRICA

Aproveitando que chegou a primavera (por fin) e que estamos a traballar un chisco de xeometría relacionada cos círculos e circunferencias, hoxe collimos o compás!

Uf non vos pensedes que foi tarefa fácil, pero coma todas as primeiras veces!

Cada neno e nena realizou círculos co compás de diferentes cores, colocaron uns enriba dos outros e cun rotulador negro debuxaron as diferentes partes dunha flor 🌼.

Velaquí unha pequena mostra:










Que vos parece?

 Se queredes ver máis escribide na 🔍 do blog: PRIMAVERA.

lunes, 8 de abril de 2024

OBRADOIRO DE DOBRAXE

 Este trimestre comezou forte. Grazas ao Equipo de Dinamizacion da Lingua Galega, tivemos na escola un obradoiro de dobraxe en galego! Nós, que xa somos uns expertos e expertas no cine, puxémonos na pel dos dobradores e dobradoras da man de dous actores e dobradores que fixeron do obradoiro un ratiño moi divertido e enriquecedor.

Explicáronnos cal é o proceso para dobrar uns debuxos animados ou peli, fixeron unha pequena mostra en directo e rematamos dobrando nós un fragmento dun capítulo moi coñecido por todos e todas.






Queremos máis!

AS FAMILIAS CONTAN II

 Continuamos coas nosas familias colaboradoras coa actividade promovida polo Equipo de Dinamización da Biblioteca Escolar do Seis! 

Esta vez contamos coa visita da nai de Xiana, Merchi, que nos contou na biblioteca un libro moi divertido sobre unha vaca e as súas falcatruadas. Pero a cousa non acabou aí! Despois, xa na nosa aula, fixemos unha actividade de papiroflexia con ela. Mirade que artistas temos:
















Moitas grazas Merchi polo teu tempo! Pasámolo xenial!


miércoles, 3 de abril de 2024

XABARÍN.TV

 Velaquí seguimos un trimestre máis coas nosas cousiñas de cine.

Hoxe acudimos a aula de Informática a aprender a navegar por unha páxina web, pero non por unha páxina calquera non non non! Entramos nin máis nin menos que na páxina do XABARÍN!

Nela atopamos unha morea de recursos cinematográficos e todo todo en galego. Para iso contestamos a unha serie de preguntas, visualizamos algún capítulo e rematamos debuxando ao noso queridísimo e emblemático XABARÍN.








Déixovos o enlace para seguir desfrutando do cine e en GALEGO!

XABARÍN.TV

miércoles, 13 de marzo de 2024

TAREFA OS ECOSISTEMAS

Xa co trimestre a piques de rematar, os nosos actores e actrices continúan aprendendo e traballando en equipo.

Este mes fixemos unha tarefa grupal nas sesións de CCSS. Cada equipo elaborou o seu propio ecosistema nunha caixa.

Con material propio, un pouco de inxenio e moitas ganas… Velaquí os resultados!







AS FAMILIAS CONTAN

 O 8M foi un día moi especial. Tivemos a visita de Aurora, a nai de Andrés, que viu à escola a facer un contacontos.

Aproveitou a ocasión para lernos o conto ‘Artur e Clementina’ co que descubrimos o importante que son as palabras e o dano que poden facer!


Ademais de falarnos de Florence unha pioneira no mundo da enfermería, coa que comparte profesión.

Moitas grazas polo teu tempo!

VISITA DE PABLO NOGUEIRA

 Onte tivemos a sorte de ter na nosa biblioteca ao autor de Ringo. El é Pablo Nogueira, un mestre, músico e escritor galego.

Durante este trimestre, desfrutamos do seu libro na nosa clase. Con el descubrimos un mundo de circo un tanto especial e as aventuras dun coello perdido por un pequeno problemiña nun truco de maxia… cousas que pasan!

Moitas grazas a Pablo pola súa visita e por facernos pasar un rato tan agradable!