miércoles, 27 de mayo de 2026

TARRO DE BICOS

 Polo día do bico, traballamos en clase o conto CATÁLOGO DE BESOS. Nel aparecen unha morea de bicos en función das nosas necesidades.


Gustounos tanto o conto que, en Valores, inventamos os nosos bicos e os metimos nun tarro para poder coller un sempre que o precisemos.


Eu teño claro cal collerería neste momento... e vós? 





















lunes, 18 de mayo de 2026

OBRADOIRO APARATO LOCOMOTOR

 Xa sabedes que na nosa escola gústanos moito facer familia e contar con vosco para obradoiros, contacontos e todo aquilo que do que poidamos aprender de vós!


Neste trimestre contamos coa colaboración de Faustino, o pai de de Denis, mestre de Educación Física. Fixemos con el un bo repaso do aparato locomotor ademais de aprender curiosidades sobre o mesmo como que temos 639 músculos e 206 ósos!

Rematamos a sesión cun xogo para clasificar unha morea de vocabulario relacionado co tema.






Moitas grazas pola túa visita e polo teu tempo!


jueves, 14 de mayo de 2026

OBRADOIRO DE RADIO

A semana pasada tuvimos q sorte de ter un obradoiro de radio con Damiàn. Por primeira vez, os nenos e nenas de 4º disfrutaron deste obradoiro no que aprenderon diferentes técnicas para realizar os nosos programas de radios, a partes coas que debe contar, a entoación que debemos empregar en cada momento, etc. Pasando ata pola parte mais técnica emprega do a mesa de mezclas.

Para todo isto, contamos cunha parte teórica na clase e despois baixamos à aula croma onde temos a radio do Seis.







Foi un luxo todo o que aprendimos e que traballamos a expresión oral e escrita en galego.

MOITAS GRAZAS a Damiàn polo seu tempo e traballo!