viernes, 24 de abril de 2020

CANCIÓN DO DÍA

Bo día mes queridiños e queridiñas Malalas!

Comezamos o venres cunha canción escollida por min jejjeeje. Tamén terei que escoller eu algún día non? É unha das miñas cancións favoritas do grupo Berrogüeto. Titúlase XENTE e fala da importancia da xente que nos rodea e do especial que podemos todos e todas a chegar a ser para os demais! 

Como curiosidade, comentarvos que a cantante deste grupo (que xa se desfixo fai anos) é GUADI GALEGO! Si si a mismiña, seguro que vos soa coñecida a súa voz!

Desfrutádea e boa finde!



Xente
Olla a rúa de atrás

Olla o chan oe o mar

Olla os que xa non están

Oe o bardo cantar
Oe o son do andar

Son os que veñen sen pan

Saen do seu despertar

Collidos da túa man
Óllame óllate

Olla os ollos dos ven

Ven de ti ven de min

Óllame óllate
Xente que vai soa

Xente vai embora
Xente que namora a

Xente
Xente diferente

Xente intelixente
Xente intermitente

Xente
Xente divertida

Xente distendida

Xente á túa medida

Xente
Xente que comprende

Xente que sorprende

Xente que non se vende

Xente