miércoles, 22 de abril de 2026

MERCADIÑO SOLIDARIO

 Queridas Familias:

 
Durante este mes de Abril, mes dos libros, organizamos o IX Mercado Solidario de Libros Usados e, así poder colaborar co Banco de Alimentos de Vigo.
 
Esta actividade está enmarcada dentro do programa Bibliotecas Escolares Solidarias.
 
O alumnado poderá levar un libro a cambio de traer alimentos non perecedoiros (fariña, azucre, pastas…).
 
Os libros proceden do expurgo da biblioteca co obxectivo de darlle unha segunda oportunidade e fomentar actitudes de responsabilidade e solidariedade cos máis necesitados.
 
Do 21 de abril ao 8 de maio, nos recreos, o voluntariado da biblioteca encargarase de facer o cambio.
 
Trocaremos libros por alimentos.
 
Animádevos a colaborar e xuntar moitos quilos!

Máis información na seguinte ligazón:
 
 
http://atlasdossonhos.blogspot.com/2026/04/ix-mercado-solidario-de-libros-usados.html

Grazas pola vosa colaboración!!!

O Equipo de Biblioteca