miércoles, 8 de abril de 2026

ACTIVIDADES NA SEMANA DA PRENSA

 Do 9 ao 13 de marzo celébrase a semana da prensa. Dende a escola tratamos de acercar aos nenos e nenas a este medio de comunicación realizando diferentes actividades ano tras ano.


Os nosos e as nosas artistas de circo traballaron arreo nestes días cos xornais: descubrindo as partes dunha noticia, as preguntas as que debe dar resposta unha noticia, etc. para, finalmente, deseñar as súas propias.


Foi un traballo intenso, pero que tivo os seus froitos.


Velaquí unha pequena mostra: