Para rematar a semana sabedes que imos a crear unha caixa dos sentidos na aula? Que? Como? Pois si!
Será unha caixa con obxectos e xogos que poñan en funcionamento un dos nosos sentidos: A VISTA!
De modo que, teredes que buscar nas vosas casa (que seguro tedes) material que poidamos meter na nosa caixa.
Esta caixa utilizarémola para os tempos libres ao longo deste trimestre e, coma sempre, todo o seu contido volverá as vosas casa ao finalizar o curso.
É moi importante que todos e todas sexamos moi responsable á hora de utilizar todo o que haberá dentro. Deste modo, se esta primeira caixa funciona ben, poderemos elaborar unha caixa por cada sentido, que vos parece?
IDEAS PARA METER NA CAIXA: imaxes de ilusións ópticas, lentes en 3D, lentes de sol, caleidoscopios, xogos coma a oca, xogos de cartas de adiviñas, xogos de búsqueda de imaxes, etc.
