O magosto está a piques de comenzar na nosa escola. Mañá conmemoraremos esta festa tradicional na nosa aula comendo castañas, lendo historias, poemas, refráns e cantando cancións.
Para que vaidades entrando en faena, déixovos unha serie de enlaces con recursos para este días.
Se o voso vicio é a lectura, non deixedes de visitar o blog da nosa biblioteca cunha morea de propostas para adentrarse no outono e no magosto sen movervos do voso sofá:
ATLASDOSSOÑOS- CONTOS DE OUTONO
Se queres xogar e bailar co magosto, pasádevos polo blog de Dinamización da Lingua Galega:
OFIADEIRODOSEIS- RECURSOS MAGOSTO
Vinde con fame porque teremos as tixolas con castañas esperando por vos!