Hoxe collimos un pincel 🖌 e unha paleta 🎨 improvisada para facer mezclas de cores, a partir das cores primarias, para pintar unha estampa de magosto.
Foi toda unha aventura, xa que non estamos acostumados e acostumadas a esta técnica... Non pasa nada, seguiremos practicando aos poucos!
Como vedes, todo esforzo ten a súa recompensa, así que despois de mezclar e mezclar conseguimos as cores que necesitabamos: VERDE e MARRÒN!
Aquí tedes algunha mostra: