viernes, 6 de noviembre de 2020

OS VENRES SON DE BILLY ELIOT II

 Unha semana máis novo fragmento da película deste trimestre para o noso proxecto BAILE NO CINE.

O venres pasado descubrimos cal era o lugar no que transcorría a película, os seus lugares máis emblemáticos, a súa lingua, as súas comidas tradicionais, etc. 

Finalmente buscamos os monumentos e zonas que máis nos chamaron a atención como: a torre de BIG BEN, o LONDON EYE, a TOWER BRIDGE... a través do GOGLE EARTH co que podes aparecer onde ti desexes cun so clic!

Déixovos un dos vídeos que visualizamos para facer memoria e un enlace a GOOGLE EARTH para que viaxedes esta fin de semana sen movervos do voso fogar!