viernes, 3 de abril de 2020

COELLIÑO DE PASCUA

Boa tarde meus queridiños e queridiñas Malalas! Como sei que sodes uns nenos e nenas moi creativos e que vos encantan as manualidades, ademais do ben que se vos dan...Aquí tendes unha proposta de pascua para realizar ao longo da semana e sacar a vosa creatividade a relucir!

Só necesitades: moitas gañas, dous folios en branco, folios de cores (se non tedes non pasa nada, coloreados as tiras no folio con ceras ou rotus), pegamento, tesoiras e a crear!

Fixádevos nos paso a seguir e riau!




DÍA DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL

O día 2 de abril, conmemórase o Día do Libro Intantil e Xuvenil (LIX), data de nacemento de Hans Christian Andersen. O obxectivo é promocionar os bos libros infantís e xuvenís e a lectura entre os máis novos. 

A sección patricinadora deste ano é Eslovenia que difunde a mensaxe de Peter Svetinai lustrada por Damijan Stepancic: Fame de palabras.

Aquí tendes o cartel dese ano: 


Se queredes saber máis sobre este día, só tendes que pulsar no seguinte enlace (só para curiosos e curiosas): 

BIBLIOTECAS ESCOLARES DE GALICIA

Para conmemorar este fermoso día, aquí tendes unha serie de recursos moi apetecibles: 

-Un corto que desperta en nós a necesidade de ler e de vivir outras aventuras, un mundo en branco e negro que  cobra cor grazas aos libros.


-Unha canción baixo o título “Ler non é clandestino” moi divertida!

 


-Un agasallo: Un conto interpretado polo grupo de Teatro de Vilamarín, dirixido pola nosa PT Galicia, cunha adaptación do texto elaborada polo grupo de Teatro Xuntos, para que desfrutedes do día dende a vosa casiña, na millor compañía.

Esperamos que vos encante! Grazas Galicia!


RETOS EF

Bo día meus queridiños e queridiñas Malalas, que tal estades?

Como sabedes, estamos a piques de comezar unhas vacacións, este curso, un tanto diferentes, pero non por iso deixan de ser vacacións! Asi que o importante é aproveitalas moito divertíndose coa familia e desfrutando do voso lar!

Que vos parece se lle metemos un poco de movemento a estes días?!

A nosa profe de EF, Ángela, ten uns retos de EF prepados para vos, cun reto de retos final a modo de baile!

Animarvos a practicar os retos e o baile durante esta Semana Santa e a enviarlle os vídeos a Ángela para que, a volta, poidades vervos a todos e a todas en plena acción!

Aquí tedes o link para acceder a tódolos vídeos:




Apertas que voan!

#euquedonacasa

jueves, 2 de abril de 2020

RECURSOS NA REDE EN INGLÉS!

Bo días meus queridiños e queridiñas Malalas! Hoxe tócanos practicar un poquiño de Inglés! Asi que...GO!

Aquí tendes unhas propostas da teacher Julia con material de repaso do 2º trimestre, todas moi divertidas, moi musicais e interactivas! Estades preparados e preparadas para XOGAR, CANTAR e BAILAR?!

FOOD:






CLOTHES:








ANIMALS:





EASTER:  




RETO 1: Fai unha lista dos alimentos que aparecen na primeira historia

RETO 2: Debuxa un animal (inventado) e descríbeo mencionando o que ten e o que non ten.
Exemplo: It has got feathers, tail and fur / It hasn´t got scales and wings.


miércoles, 1 de abril de 2020

DÍA DO AUTISMO

Hoxe, 2 de abril celébrase o Día do Autismo. Por iso, invitámosvos a conmemoralo facéndoos unha foto en familia representando o símbolo do infinito utilizando o voso corpo,  obxectos da casa,  etc.



Non perdades a ocasión de desfrutar dos seguintes curtos e videocontos que nos axudan a entender o mundo interior tan rico que teñen as persoas con autismo.

Aquí tendes os enlaces:

EL VIAJE DE MARÍA




ACADEMIA DE ESPECIALISTAS



POR CUADRO ESQUINITAS DE NADA




EL CAZO DE LORENZO



RETO: Todos temos un "cazo", coma Lorenzo! Pode ser máis grande, máis pequeno, más visible, máis invisible, pero...ahí está! Reflexiona sobre o teu "cazo": Cal é? 




ACTIVIDADE COLABORATIVA

Comezamos semana, comezamos novo mes e, por suposto, novas actividades e tarefas en conxunto!

Esta vez imos a comunicarnos cun compañeiro ou compañeira da clase, pero...COMO? SE ALGÚNS E ALGUNHAS ESTAMOS TAN LONXE... Pois moi sinxelo, a través dunha CARTA!

Sei que algún e algunha de vos quizais non escribiu moitas ou incluso ningunha, agora que estamos nun momento tecnolóxico moi avanzado utilizamos outros recursos, pero...non pasa nada porque para todo hai unha primera vez!

O primeiro e máis importante é ver ben a quen vos toca escribirlle unha carta. Pensa ben o que lle queres contar sobre estes días na casa: que fas ao longo do día, o que máis che gusta de estar na casa, o que menos... Pensa en GALEGO e ten en conta a seguinte estructura para facer unha boa carta e  non deixarte nada atrás:

1º: Data
2º Saúdo ao destinatario ou destinataria
3º Corpo da carta
4º Despedida
5º Firma

Tedes ata o 2 de abril (incluido) para a súa entrega! Durante a Semana Santa estate atentos e atentas ao buzón do correo electrónico porque...quen sabe...quizais teñas UNHA CARTA PARA TI!

RETOS OVIRAVAI

COMO? QUE TODAVÍA NON ESTADES ENTERADOS E ENTERADAS DOS RETOS OVIRAVAI?

Pois xa estades tardando meus queridiños e queridiñas Malalas! É moi moi sinxeliño! 

Só tendes que buscalos en Instagram e estar atentos e atentas aos retos que van colgando para intentar facelos dende a vosa casiña. Descubriredes a algún mestre e algunha mestra coñecida seguro! É o momento de retar aos vosos mestres e mestras! De verdade que non ides aproveitar a oportunidade? jejeje.

Mentres tanto, aquí tendes unha canción de Oviravai para amenizar, cantar e bailar neste mércores 1 de abril!