viernes, 5 de septiembre de 2025

VOLTAMOS!

 Xa estamos de volta na escola argallando a chegada dos nenos e nenas de 3ºB. Espero que teñades moitas gañas de comezar o novo curso. Que nervios! (Eu tamén teño unhas bolboretas na barriga).

Desfrutade desta fin de semana e vémonos o luns para coñecermos, aprender, xogar, darlle á lingua e todo o que se preste!

Coma sempre, déixovos unha pequena pista do proxecto que imos traballar este curso. Que será, será… Haberá recompensa para o neno ou nena que o adiviñe ;)