Temos unha nova para este curso: os tícket de escritura!
Que? Como? Cada venres levaremos na libreta de LC ou de LG un tícket de escritura dunha tipoloxía textual traballada xa na aula previsamente.
Que tedes que facer? Pois moi sinxelo:
1º. Poñer a data (como non!).
2º. Pegar o voso tícket de escritura nunha folla nova (limpa, en branco)
3º. A escribir!
Para iso tedes que ter en conta a estrutura da tipoloxía textual traballada, a ortografía, caligrafía e os signos de puntuación.
Estades preparados e preparadas? Cada luns leremos unha mostra de tícket dun neno ou nena de cada equipo!
