viernes, 26 de junio de 2026

SÁIDA POLA CONTORNA CO CICLO

 O último día de clase voltamos a facer unha saída pola contorna á Bouza, pois tendo un espacio como o que temos tan preto do cole hai que sacarlle proveito!

Esta vez, marchamos o 2º ciclo ao completo! Collemos as nosas mochilas coas nosas merendas e alá fomos!

Merendamos tranquilamente á sombra para rematar cun xogo final de búsqueda de información e pistas sobre o parque de A Bouza. 

Fixemos os equipos mesturando nenos e nenas dos catro cursos e a verdade que traballaron moi ben en equipo e atoparon unha morea de información que descoñecían.

Rematamos coa entrega de agasallos:

1º premio: un trofeo e un paquete de gomas con temática de circo.

2º premio: un trofeo e unha goma con temática de circo. 

3º premio: unha goma con temática de circo.


Velaquí unha pequena mostra desta nova aventura:








A entrega de premios: