viernes, 17 de marzo de 2023

XOGANDO COA METEOROLOXÍA

Despois de que os nosos modistos e modistas recopilaran e trouxeran á escola unha morea de recortes de mapas meteorolòxicos, por fin xogamos coa meteoroloxía!

Primeiro descubrimos para que ser en, tamén que hai dous tipos de mapas meteorolòxicos: SIGNIFICATIVOS e DE ISOBARAS; as características de cada un deles: lenda, Borrascas, Anticiclóns, etc. Moitos conceptos novos cos que finalmente elaboramos un pequeno mural seguindo unha plantilla.

Velaquí unha pequena mostra:









Parece que todo o traballo deu resultado, xa que antes de marchar algún e algunhas comentaban que agora mesmo temos unha Borrasca, é dicir, un frente frío con baixas temperaturas! 

Esperemos que pronto veña o desexado Anticiclón!