Continuamos coas sesións na aula de Informática que tanto lles gusta ao nosos modistos e modistas.
Hoxe descubrimos un novo recurso moi útil: NUBES DE PALABRAS! Con elas podemos elaborar as nosas nubes de palabras sobre a temática que desexemos. Unha forma moi visual e gráfica de traballar vocabulario, memorizalo, comprobar o que sei, repasar… Tamén din que para facerlle un agasallo a alguén, facer unha portada dun traballo, un dicionario visual… Unha morea de opcións grazas a este recurso que podedes atopar en:
www.wordart.com