viernes, 5 de febrero de 2021

VENRES DE BAILE NO CINE

 Continuamos co noso proxecto BAILE NO CINE, este trimestre traballando a película BALLERINA!

As vindeiras semanas, abordamos os datos principais da película 🎞 e os xéneros cinematográficos. Hoxe tocounos traballar o lugar no que se desenvolve esta  nova historia de baile.

Descubrimos unha morea de cousas sobre Francia 🇫🇷 e a súa capital, París: como é a súa bandeira, onde está situada no mapa, o seu idioma, a súa comida tradicional (mmmm), os seus monumentos e lugares máis emblemáticos, etc.

Se queredes facer memoria e seguir viaxando dende a vosa casa, aquí tedes os vídeos que vos levarán a un país e unha cidade de ensoño da que namorarse!


OH LA LA!