Despois dunha semana preparado o Entroido... que digo unha semana! Polo menos dúas semanas de ensaios, de preparativos, de recordatorios, de Mandadiños...
POR FIN CHEGOU O DÍA!!!!
Aínda que será un Entroido a nivel de grupo, desfrutamos dun pequeno desfile dentro da escola para ver a todos os nenos e nenas cos seus disfraces, fixemos unha merendola individual con doces típicos do día, visualizamos a película RÍO e divertímonos moitísimo co festival virtual dos diferentes cursos participantes!
Agora toca descansar para voltar coas pilas cargadas o vindeiro XOVES 18 DE FEBREIRO.
Sabemos que estades tolos e tolas por ver a nosa actuación bailando un Boggie en honor a BILLY ELLIOT! Esperamos que vos guste moito: