Parece que si, que agora xa nos toca afiar ben o noso lápis e comenzar co noso conto!
Para iso, detente un segundo, le o seguinte esquema e recorda as partes do conto: INTRODUCIÓN, NUDO e DESENLACE.
Pero...como podo comenzar cada unha das partes? Como podo enlazar unhas partes con outros? Como podo unir unhas ideas con outras?
RECORDA:
- Emprega algúns dos principios ou finais dos nosos cadernos interactivos.
- É preciso respirar e para iso debes utilizar signos de puntuación coma as comas, puntos e seguidos, puntos e aparte, dous puntos... Pensa que o teu conto está escrito para que alguén o lea e non queremos que ninguén quede sen respiración!
- Utiliza conectores para enriquecer o teu conto e non utilices continuamente “y” ou “e”. Podes utilizar: ENTONCES, DE REPENTE, MÁIS TARDE, AO CABO DUN TEMPO, AO DÍA SEGUINTE, etc.
- Remata cun bo final, ben redactado, non teñas presa por rematar axiña.
E agora? Poñede a vosa imaxinación a traballar e toca demostrar todo o que aprendíchedes nestas sesións de obradoiro de escritura!