Seguindo dando algún pasiño máis nestes últimos días do 1º e intenso trimestre!
Comezamos cunha nova tipoloxía textual coa que xa estamos moi familiarizados grazas ao MUNDONOTICIERO de 3º e ao BAILENOTICIERO deste curso, non si?
A verdade é que en NOTICIAS somos uns expertos e unhas expertas. Tamén destacamos o importante que é contrastar as noticias e, en definitiva, a información que nos chegue sexa polo medio que sexa.
Esta mañá espertamos cunhas noticias disparatadas sobre PAPÁ NOEL!
Tócanos profundizar na noticia, nas súas partes, nas preguntas ás que debe dar resposta... Preparados e preparadas?
Agora tócache a ti! Recorda utilizar o noso esquema de sempre e finalizar cun debuxo da noticia!
PERIÓDICO:
TITULAR:
DATA:
PIE DE FOTO:
QUE?
QUEN?
CANDO?
POR QUE?
COMO?
ONDE?
DEBUXO: