Agora que xa somos uns expertos e unhas expertas nos sentidos teremos que demostralo, non si?
O curso pasado inicíamonos nos cadernos interactivos en base a unha plantilla xa elaborada, pero este curso imos dar un pasiño máis e... IMOS CREAR E DESEÑAR OS NOSOS PROPIOS CADERNOS INTERACTIVOS!
Hoxe comezamos co noso primeiro deseño no que, simplemente facendo dous cortes ao folio, conseguimos 3 pestanas nas que engadir a información que precisemos! E... que queremos saber dos sentidos?! Pois así xurdiron as 3 pestanas:
QUE PERCIBIMOS?
CAL É O SEU ÓRGANO?
CALES SON AS SÚAS PARTES?
É unha estratexia moi boa e interesante para sintetizar e seleccionar a información máis importante e, incluso, para repasar e comprobar todo o que sabemos!
Velaquí vos deixo unha pequena mostra! Haberá máis e millor!