viernes, 2 de octubre de 2020

BAILENOTICIERO XA EN MARCHA!

Este curso retomamos o BAILENOTICIEIRO no que cada venres un neno ou nena, a sorteo, terá que buscar e traballar cunha noticia relacionada co baile/música.

Trátase dunha actividade para facer en colaboración coas familias na búsqueda e selección dunha noticia que teña que ver co noso proxecto, abordando unha tipoloxía textual que está presente no noso día a día.