lunes, 11 de mayo de 2020

RECREACIÓNS CADROS DE FIESTRAS

Malalas, sabedes que o confinamento está a sacar o millor de cada un e de cada unha, non si? E non só iso, se non que tamén está a poñer en marcha a nosa creatividade!

Pois se todavía non o tiñades claro del todo, teño que informarvos de que os museos están a pedir á xente que dende as súas casas fagan recreacións de cadros utilizando obxectos caseiros. Aquí tendes a noticia, ademais dunha mostra das grandísimas e divertidas  recreacións que están a facer:


O caso é que nós non nos imos a quedar de brazos cruzados, verdade? Recordade que estamos en proceso de cambialo  mundo así que adiante Malalas!

Aproveitando que esta semana estamos coa temática da casa e que temos que describir que obsevamos dende a nosa fiestra... Por que non recrear algún cadro de miradas dende a fiestra? Sabedes que hai unha morea de cadros desa temática? Aquí tendes algún exemplo:
















RETO: Recrea algún cadro de miradas dende a fiestra, indicado o autor/autora ou o título da obra orixinal e envíame a túa foto!


Eu xa fixen a miña, mirade mirade. Saberedes dicir e cal é o cadro e cal é a foto? Jijiji.