viernes, 9 de octubre de 2020

MANUALIDADES DE OUTONO

 O outono xa vai collendo forma en 4ºB, coas súas cores, coas súas sombras e as súas luces... Un curso máis, aquí está novamente, pisando forte!

Como temos que darlle a aula un ambiente acorde coa estación, na sesión de Plástica fixemos uns mosaicos coas cores e formas do outono a mar de vistosos! Velaquí tedes unha pequena mostra:






TAREFA PARA A PONTE

Esta ponte disfruta só/ soa ou acompañado/a da túa canción e baile favorito paso a paso:

1º Escolle unha canción: a que máis che guste ou a que máis che guste bailar.

2º Averigua uns datos sobre a túa canción.

3º Copia seu retrouxo.

4º Debuxa ao que che inspira.

5º Fai un pequeño vídeo bailando a túa canción.




Recorda que...BAILAR É SOÑAR COS PÉS!


jueves, 8 de octubre de 2020

A CARTA E AS SÚAS PARTES


 Meus queridiños e queridiñas, esta semana estamos practicando o formato carta: cales son as súa partes, formas para despedirse, formas para saudar, tipos de carta que existen...

Aquí tendes un pequeno vídeo coa información máis importante!


E, como ben sabedes, a escribir apréndese escribindo... puxémonos mañá a obra:












domingo, 4 de octubre de 2020

VÍDEO E ACTIVIDADES MATEMÁTICAS 1

 Aquí tendes un breve repaso do tema 1 de Matemáticas no que podedes atopar vídeos explicativos e actividades interactivas para seguir aprendendo e xogando cos números!

UNIDADES DE MILLÓN:

VÍDEO UNIDADES DE MILLÓN

Ficha interactiva 1

Ficha interactiva 2

Ficha interactiva 3

OPERACIONES COMBINADAS:

Operaciones combinadas 1

Operaciones combinadas 2

NÚMEROS ORDINALES:

Vídeo números ordinales

Ficha interactiva números




viernes, 2 de octubre de 2020

BAILENOTICIERO XA EN MARCHA!

Este curso retomamos o BAILENOTICIEIRO no que cada venres un neno ou nena, a sorteo, terá que buscar e traballar cunha noticia relacionada co baile/música.

Trátase dunha actividade para facer en colaboración coas familias na búsqueda e selección dunha noticia que teña que ver co noso proxecto, abordando unha tipoloxía textual que está presente no noso día a día.



PROXECTO BAILE NO CINE






 Hoxe arrincamos coa nosa aportación ao proxecto de centro baixo o título: BAILE NO CINE!

Cómo sabedes, temos un novo compañeiro de aventuras para este novo curso que é... BILLY ELIOT! Como? Que aínda non sabedes quen é? Pois hoxe xa descubrimos un montón de cousas interesantes sobre este neno, non si?!

Cada venres visualizaremos un pequeno fragmento da película e traballaremos con ela. Na primeira sesión descubrimos quen foi o seu director, de que ano é, onde se rodou, cales son os seus personaxes principais...

Estamos tolos e tolas por saber máis, pero teremos que esperar ao próximo VENRES!

Mentres tanto, aquí tendes unha pequena mostra da nosas portadas para o proxecto e do traballo do día.



jueves, 1 de octubre de 2020

CADERNOS INTERACTIVOS CCNN

 Agora que xa somos uns expertos e unhas expertas nos sentidos teremos que demostralo, non si?


O curso pasado inicíamonos nos cadernos interactivos en base a unha plantilla xa elaborada, pero este curso imos dar un pasiño máis e... IMOS CREAR E DESEÑAR OS NOSOS PROPIOS CADERNOS INTERACTIVOS!


Hoxe comezamos co noso primeiro deseño no que, simplemente facendo dous cortes ao folio, conseguimos 3 pestanas nas que engadir a información que precisemos! E... que queremos saber dos sentidos?! Pois así xurdiron as 3 pestanas:

QUE PERCIBIMOS?

CAL É O SEU ÓRGANO?

CALES SON AS SÚAS PARTES?

É unha estratexia moi boa e interesante para sintetizar e seleccionar a información máis importante e, incluso, para repasar e comprobar todo o que sabemos!


Velaquí vos deixo unha pequena mostra! Haberá máis e millor!