Este curso, por primeira vez, seremos padriños e madriñas dos nenos e nenas de 5º de Educación Infantil A.
Ata o de agora, compartiamos o Día do Libro e esta pasaba a ser unha das actividades que máis lle gustaba a pequenos e maiores. Este curso, como novidade, queremos ir a máis e compartir máis momentos xuntos.
Por iso queremos xa a semana pasada comezamos acompañando aos nosos afillados e afilladas á vendima que realizamos na escola. Axudámos a cortar as uvas e a pisalas, despois de recibir unha explicacion de todo o proceso da vendima por parte da mestra Puri. Algún maior incluso se animou a pisar uvas tamén!
Pero a cousa non quedou aquí! Xa na clase fixemos unha pequena degustación de zume de uva e de diferentes tipos de uva a cargo dos nosos afillados e afilladas. MOITAS GRAZAS ola invitación!
