miércoles, 29 de mayo de 2024

ANÁLISE DE RADIOGRAFÍAS

Esta semana fixemos un tendal na aula coas radiografías que os nenos e nenas trouxeron das súas casas.

Con elas, fixemos un traballo de observación e análise no que cada equipo tivo que buscar diversa información nunha das radiografías:

DATOS DO OU DA PACIENTE

DATA DA RADIOGRAFÍA

HOSPITAL

ÓSOS QUE ATOPAS NA RADIOGRAFÍA

Agora xa somos expertos e expertas no tema e podemos entender e comprender para que serven e o importante que son no mundo da mediciña.