jueves, 11 de enero de 2024

O REINO DOS SERES VIVOS

 Comezamos tema novo en CCNN e con el novas aprendizaxes! 

Durante este trimestre traballaremos un novo reino dos seres vivos: OS ANIMAIS!

Hoxe descubrimos as características máis importantes dos animais invertebrados e os seis grupos que o conforman.

Para organizar as nosas ideas elaboramos un esquema coa información máis importante de cada un deles.


E para marchar cun bo sabor de boca... visualizamos unhas curtas moi divertidas sobre os insectos. Velaquí tedes algunha para seguir desfrutando na casiña!
 


RECORDADE QUE SE ESCRIBIDES NA LUPA DO NOSO BLOG A PALABRA "ANIMAIS", ATOPAREDES UNHA MOREA DE RECURSOS PARA SEGUIR APRENDENDO!