Primeira semana do curso superada! 💪🏻
Os nosos actores e as nosas actrices de 3ºB, continúan traballando e adaptándose ao novo curso, aula e titora. Con paciencia e con traballo o curso será de cine sen dúbida!
Hoxe descubrimos que ACRÓSTICO non é únicamente o título dunha canción de Shakira (que tamén), se non que son unha maneira de representar unha palabra e extraer información sobre ela.
De modo que cada un e cada unha elaborou o acróstico do seu nome collendo cada letra e utilizándoa para construír unha oración ou palabra relacionada con eles e con elas.
Que vos parece? 😊❤️