Hoxe descubrimos unha nova técnica plástica con café!
Si si o que ledes! A mestra Luisa explicounos como pintar con café e ademais como conseguir distintas tonalidades cun pouco de café, pinceis e auga.
Primeiro pintamos un debuxo duns osos pandas e, finalmente, deixamos voar a nosa creatividade e fixemos un debuxo libre.
Pasámolo estupendamente, pero... E o ben que cheira a nosa clase! Mmmmmmm
E para rematar... un pouquiño de música acorde co tempo e a actividade: