lunes, 17 de abril de 2023

PROCESADOR DE TEXTOS

 Este trimestre en Informática imos a traballar o procesador de textos coa idea de prepararnos para facer e presentar traballos en formato papel ou dixital.

Hoxe fixemos un pouco de memoria do teclado: como podemos facer para escribir en maiúsculas, en minúsculas, poñer as tildes, os signos de puntuación, etc. 

Despois xa en faena, aprendimos a subliñar, a destacar unha palabra, cambiar o formato de letra, o tamaño…

A todo isto dímoslle forma copiando un texto do libro de LC, o que cada un e cada unha escolleou.

Os máis atrevidos e atrevidas conseguiron engadir algunha imaxe relacionada co seu texto!

Agora toca seguir investigando e practicando día a día!