martes, 28 de marzo de 2023

VÍSTETE DE RECONQUISTA

 Aproveitando a ocasión e o festivo, non perdades a oportunidade de pasar estes días polo Casco Vello da nosa cidade e pasar un bo rato na Reconquista de Vigo!

Se queredes investigar e descubrir máis sobre o noso día, pasase polo blog de O FIADEIRO no que atoparedes unha morea de recursos e de información sobre este día.

E para os nosos modistos e modistas deixo o seguinte enlace para que se vistan como a ocasión o requiere:



VÍSTETE DE RECONQUISTA HOMES

VÍSTETE DE RECONQUISTA MULLERES

COMO IR VESTIDOS? FARO DE VIGO


jueves, 23 de marzo de 2023

NÚMEROS DECIMAIS

Comezamos novo tema de Matemáticas e con el descubrimos xa que estamos rodeados de números decimais: na tenda, más medidas, nos pesos, etc. 

Velaquí unha serie de recursos para seguir aprendendo:


CONTINUARÁ…

VISITA DE CRISTÓBAL VIDAL

 O martes tivemos a sorte de ter con nós ao modisto CRISTÓBAL VIDAL! Explicounos unha morea de cousas: en que consiste o seu traballo, as diferentes teas coas que traballa, que hai que ter en conta para confeccionar a roupa, a importancia de utilizar os materias da nosa terra, que a moda non é algo que vai e ven se non que é un proceso de identidade…

Pasamos un rato xenial probándonos as súas prendas e ata finalizamos facendo un desfile! 











Moitas grazas por vir a nosa escola e colaborar cos nosos modistos e modistas! 

viernes, 17 de marzo de 2023

XOGANDO COA METEOROLOXÍA

Despois de que os nosos modistos e modistas recopilaran e trouxeran á escola unha morea de recortes de mapas meteorolòxicos, por fin xogamos coa meteoroloxía!

Primeiro descubrimos para que ser en, tamén que hai dous tipos de mapas meteorolòxicos: SIGNIFICATIVOS e DE ISOBARAS; as características de cada un deles: lenda, Borrascas, Anticiclóns, etc. Moitos conceptos novos cos que finalmente elaboramos un pequeno mural seguindo unha plantilla.

Velaquí unha pequena mostra:









Parece que todo o traballo deu resultado, xa que antes de marchar algún e algunhas comentaban que agora mesmo temos unha Borrasca, é dicir, un frente frío con baixas temperaturas! 

Esperemos que pronto veña o desexado Anticiclón!



miércoles, 15 de marzo de 2023

NOME EN FRACCIÓNS

 Hoxe despedimos o tema de Matemáticas coa actividade do noso nome en fraccións! Nela descubrimos que as fraccións están en moitas situacións do noso día a día e incluso no noso nome!

Que? Como? Pois si si! Mirade algún exemplo.








martes, 14 de marzo de 2023

AS ESTACIÓNS E O CLIMA

 Continuamos aprendendo en CCSS, esta semana sobre as estacións, o movemento da Terra, como se producen e por que se producen os cambios de estacións, que é o clima e os diferenets climas de España.

Déixovos unha serie de recursos para seguir aprendendo día a día!


AS ESTACIÓNS DO ANO




O CLIMA


OS CLIMAS DE ESPAÑA





FICHA INTERACTIVA CLIMAS DE ESPAÑA

CONTINUARÁ...

lunes, 13 de marzo de 2023

NUBES DE PALABRAS

 Continuamos coas sesións na aula de Informática que tanto lles gusta ao nosos modistos e modistas.

Hoxe descubrimos un novo recurso moi útil: NUBES DE PALABRAS! Con elas podemos elaborar as nosas nubes de palabras sobre a temática que desexemos. Unha forma moi visual e gráfica de traballar vocabulario, memorizalo, comprobar o que sei, repasar… Tamén din que para facerlle un agasallo a alguén, facer unha portada dun traballo, un dicionario visual… Unha morea de opcións grazas a este recurso que podedes atopar en:

www.wordart.com











domingo, 12 de marzo de 2023

ACRÓSTICO JOAQUINA GARCÍA GARCÍA

 

Despois de investigar e profundizar na vida de Joaquina García García, xa temos os nosos acrósticos en marcha!










martes, 7 de marzo de 2023

O TEMPO ATMOSFÉRICO

 Continuamos aprendiendo contidos en Ciencia Socias relacionados coa Terra. Neste caso, hoxe comezamos o día descubrindo cal é a función dos meteorólogos, que è unha estación metereolóxica, cales son os instrumentos que a compoñen, que son os mapas meteorolóxicos, etc.

Déixovos un algún vídeo explicativo coa información máis importante:










ESTACIÓN METEOROLÓXICA:






lunes, 6 de marzo de 2023

VISITA DE ROSA ANEIROS











 O venres tivemos a sorte de ter na nosa biblioteca do Seis a Rosa Aneiros, a escritora do libro que estamos lendo na clase este trimestre.

Foi un encontro moi divertido e entretido para todos e todas no que descubrimos un montón de curiosidades sobre Rosa que nos chamaron a atención, como que nunca pensou ser escritora ✍️!

Aproveitamos a ocasión para investigar sobre a súa vida e obra e para facerlle un pequeno homenaxe ao seu libro cos debuxos que realizamos con moito mito na clase.

Déixovos co blog da nosa biblioteca onde atoparedes as fotos dos mellores momentos con Rosa Aneiros:

ATLASDOSSOÑOS ROSA ANEIROS


jueves, 2 de marzo de 2023

FRACCIÓNS

 Comezamos novo tema en Mate e con él novos contidos e aprendizaxe.

Imos pouco a pouco descubrindo que estamos rodeados de fraccións no noso día a día polo que está resultando un tema moi interesante para os nosos modistos e modistas.

Déixovos un pequeno vídeo explicativo para facer memoria:


CONTINUARÀ…

CAPAS DA ATMOSFERA

Hoxe fixemos un caderno interactivo sobre as capas da atmosfera no que escribimos o máis destacado e o máis importante de cada unha delas.

Os caderno interactivo son unha forma de sintetizar a información e plasmala dun xeito visual favorecendo así a súa memorización e aprendizaxe.

Velaquí unha pequena mostra:






E a vos, que vos parece? Pensades que son útiles para repasar ou estudar? Probáchedes a facer algún na vosa casa? 

E para rematar… déixovos una recursos relacionados coa temática do día:



FICHAS INTERACTIVAS CAPAS DA ATMOSFERA