Hoxe tivemos a sorte de ter a unha das primeiras Merdeiras, unha nai da nosa escola que se ofreceu para vir e explicarnos ao segundo e terceiro ciclo a historia e traxectoria do MERDEIRO de Vigo, personaxe emblemático do noso Entroido.
Acompañada dunha Merdeira cativa (quen será?) descubrimos unha morea de cousas: a súa historia e orixe, vestimenta, o seu comportamento, cando e onde podemos velos…
Velaquí algunha imaxe dos mellores momentos:
E se queredes saber e descubrir máis sobre os Merdeiros e o Entroido galego, non deixedes de visitar o blog de O FIADEIRO RECURSOS ENTROIDO!