miércoles, 25 de enero de 2023

XA DE VOLTA!

 Ola a todos e a todas! 

XA ESTAMOS DE VOLTA!

Por petición popular e por disfrute aquí estamos novamente! Tratando, un curso máis (este algo máis lentos e tardíos) de amosar unha pequena mostra destes MODISTOS E MODISTAS de 4ºB.

Como ben sabedes, o tema que nos acompaña este curso é O FUTURO, concretamente, no noso curso: O FUTURO DA MODA. De modo que investigaremos sobre a moda, sobre a súa historia, a súa evolución, as profesións que xiran torno a ela, confeccionaremos os nosos deseños, a moda da nosa propia comunidade…Sen esquecernos do FUTURO: como será? Que materiais se utilizarán? Continuaràn os estereotipos? Como me gustaría que fose?

Unha morea de propostas que irán pouco a pouco collendo forma.

COMEZAMOS!