jueves, 25 de febrero de 2021

RECURSOS E ACTIVIDADES INTERACTIVAS CCSS TEMA 6

 Hoxe comezamos un novo tema e con el novos descubrimentos, novas ganas e novas achegas!

Tócanos adentrarnos no marabilloso mundo da HISTORIA! Estades preparados e preparada?

Comezamos definindo que é a historia, cal é a labor dos historiadores e historiadoras, que son as fontes histórias, cales existen e como podemos organizar o paso do tempo.



A HISTORIA



PREHISTORIA:

1ª ETAPA...O PALEOLÍTICO










2ª ETAPA... O NEOLÍTICO









miércoles, 24 de febrero de 2021

SEMANA DE POESÍA

Continuamos traballando a poesía un pouquiño máis día a día hoxe co poema musicado HAS DE CANTAR!

Saberiades decirme...

Cantos versos e cantas estrofas ten?

Que palabras riman entre sí?

Que outras palabras riman con esas?

Que tipo de rima ten o poema?

Cal é a súa temática?

Déixovos a letra e a música para que o ritmo non pare unha vez máis!



Tamén fixemos un Scape Room de Rosalía co mestre Marcos. Foi moi divertido e interesante todo o que descubrimos sobre ela, non si?

Conseguimos todos os còdigos para abrir a caixa forte na que se escondía...

UN BILLETE DE 500 PESETAS COA CARA DE ROSALÍA DE CASTRO! 😱💶

 


martes, 23 de febrero de 2021

DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO

 O mércores 24 de febreiro conmemoráse o Día de Rosalía de Castro coincidindo co día do aniversario da escritora galega.

Podedes visitar o blog da nosa biblio ATLAS DOS SOÑOS- ROSALÍA onde atoparedes unha morea de recursos para seguir descubrindo e xogando coa literatura galega.

Dende a aula, traballaremos cada día un poema adicado a Rosalía, analizando a súa temática, os seus versos, rimas, estrofas...

Desfrute na casiña do poema musicado de hoxe:






viernes, 19 de febrero de 2021

A BAILARINA DE MIRÓ


 Hoxe fixemos unha recreación do cadro LA BAILARINA DE MIRÓ!

Tras informarnos a ttravés dos seguintes vídeos da súa vida e das características do seu cadro, puxémonos mans á obra!




Velaquí tedes algún resultado e algún cadro en proceso de creación:







jueves, 18 de febrero de 2021

O MEU NOME EN FRACCIÓNS

 Hoxe finalizamos as fraccións ohhhh! A verdade que foron todo un descubrimento e un entretenimento para os nenos e nenas.

Así que tiñamos que despedilas  como se merece! Descubrimos que o noso nome tamén pode ser un fracción se temos en conta as súas letras, as súas consoantes e as vogais.

Velaquí unha pequena mostra:







viernes, 12 de febrero de 2021

VACACIÓNS DE ENTROIDO

ESTAMOS DE VACACIÓNS DE ENTROIDO!

VOLVEMOS O XOVES 18 DE FEBREIRO!

ABURIÑOOO!


 

A PUBLICIDADE TAREFA PARA O ENTROIDO

 Tras analizar na aula a importancia da publicidade no noso día a día, as estratexias que utilizan para captar a nosa atención, a influencia que teñen na sociedade, o público ao que vai destinado... Durante esta ponte de Entroido tócavos a vos na vosa casiña!

Para iso teredes que visualizar o seguinte anuncio en e facer unha pequena análise do mesmo cubrindo os datos na plantilla que levades para casa:



Ademais, teredes que facer un pequeno traballo de investigación sobre FACUA a través do seguinte enlace onde atoparedes todo o que necesitades:

FACUA


ESTADES PREPARADOS E PREPARADAS PARA FACER UNHA ANÁLISE E UN CRÍTICA CONSTRUCTIVA DA PUBLICIDADE QUE NOS ACOMPAÑA DÍA A DÍA?


COMEZAMOS!

ENTROIDO 2021 NO SEIS!

 Despois dunha semana preparado o Entroido... que digo unha semana! Polo menos dúas semanas de ensaios, de preparativos, de recordatorios, de Mandadiños...


POR FIN CHEGOU O DÍA!!!!


Aínda que será un Entroido a nivel de grupo, desfrutamos dun pequeno desfile dentro da escola para ver a todos os nenos e nenas cos seus disfraces, fixemos unha merendola individual con doces típicos do día, visualizamos a película RÍO e divertímonos moitísimo co festival virtual dos diferentes cursos participantes!


Agora toca descansar para voltar coas pilas cargadas o vindeiro XOVES 18 DE FEBREIRO.


Sabemos que estades tolos e tolas por ver a nosa actuación bailando un Boggie en honor a BILLY ELLIOT! Esperamos que vos guste moito:


4ºB BILLY ELLIOT QUERO BAILAR







lunes, 8 de febrero de 2021

RECURSOS E ACTIVIDADES INTERACTIVAS LC TEMA 8

 Comezamos nova semana e non unha calquera NON! Esta semana cos Mandadiños do Meco, o baile e o disfraz estamos de festa día a día!

Na aula seguimos avanzando un pouquiño máis mentres esperamos a chegada do Entroido!

Botádelle  unha ollada aos recursos do tema 8 de LC para ir levando os contidos ao día e que, despois, todo sexa moito máis doado.

ADJETIVO






PALABRAS DERIVADAS






CONTINUARÁ...

viernes, 5 de febrero de 2021

VENRES DE BAILE NO CINE

 Continuamos co noso proxecto BAILE NO CINE, este trimestre traballando a película BALLERINA!

As vindeiras semanas, abordamos os datos principais da película 🎞 e os xéneros cinematográficos. Hoxe tocounos traballar o lugar no que se desenvolve esta  nova historia de baile.

Descubrimos unha morea de cousas sobre Francia 🇫🇷 e a súa capital, París: como é a súa bandeira, onde está situada no mapa, o seu idioma, a súa comida tradicional (mmmm), os seus monumentos e lugares máis emblemáticos, etc.

Se queredes facer memoria e seguir viaxando dende a vosa casa, aquí tedes os vídeos que vos levarán a un país e unha cidade de ensoño da que namorarse!


OH LA LA!





jueves, 4 de febrero de 2021

RECURSOS E ACTIVIDADES INTERACTIVAS CCNN TEMA 5

 Continuamos aprendendo e avanzando BILLY ELLIOTS! Sen presa, pero sin pausa!

Hoxe comezamos a novo tema de CCSS e con el novos descubrimentos  e novas aprendizajes, estades preparados e preparadas?

Aquí tedes unha serie de recursos para repasar e practicar dende a vosa casiña:

A MATERIA E AS SÚAS PROPIEDADES






Tamén descubrimos que cando somos pequenos e pequenas non somos quen de entender estas propiedades da materia porque o noso cerebro todavía non está preparado para iso. Déixovos o vídeo onde podedes ver como os nenos e nenas teñen dificultades para valorar quen ten máis zume no seu vaso:




Se tedes algún neno o nena pequeno na túa familia, por que non probades a facer este experimento e nos contades que sucede na clase?😉


SUBSTANCIAS E MEZCLAS



miércoles, 3 de febrero de 2021

MANDADIÑOS DO MECO

 Co gallo do Entroido o Meco xa anda facendo das súas e xa nos deixou polo centro os seus carteis cos mandadiños de cada ano!

Iso si! E moi importante sta vez, con cousiñas que non sexan de andar quitando e poñendo.

Botádelle unha ollada ao blog do FIADEIRO DO SEIS para descubrir a vestimenta ou complemento de cada día.

COMEZAMOS O VINDEIRO LUNS!




martes, 2 de febrero de 2021

RECURSOS E ACTIVIDADES INTERACTIVAS MATEMÁTICAS TEMA 7

Hoxe comezamos unha nova aventura polo mundo das fraccións. Descubrimos que estamos rodeados delas, que son coma unaha división especial, os seus compoñentes, que se poden representar, ler e debuxar!

Déixovos uns vídeos e unhas actividades interactivas para que fagades memoria dende a casiña.


CONEZAMOS!







COMPARACIÓN DE FRACCIONES!






RETO DA BIBLIO MES DE FEBREIRO

 Comezamos novo mes e con el novas vivencias na escola, novas celebracións, novos descubrimentos e... NOVO RETO!

A biblio xa está a argallar cousiñas sobre o Entroido e por iso o reto ten moito que ver con esta festividade tan nosa!

Déixovos o enlace para que o descubrades cos vosos propios ollos:

RETO DA BIBLIO FEBREIRO