viernes, 27 de noviembre de 2020

TENDAL VIOLETA

 Co gallo do 25N, o noso tendal tinguiuse de cor violeta con siluetas de mulleres cheas de flores, en definitiva, cheas de vida!

Velaquí unha pequena mostra:







OS VENRES SON DE BILLY ELLIOT II

 Hoxe rematamos a película de BILLY ELLIOT na nosa sesión semanal adicada ao proxecto BAILE NO CINE!

Como ben sabedes, está película está categorizada como drama, é por iso que escollimos os momentos máis especias e máis importantes para traballalos na aula.

Continuaremos este mes, traballando en profundidade a película: aos seus personaxes, o tempo, o espazo, a folga dos mineiros, a diversidade sexual, a família, a morte...e, por suposto, o baile!

Déixovos cuns fragmentos dos millores momentos da película para que non a botedes moito de menos:







Recorda que... BAILAR É COMA SOÑAR COS PÉS!


jueves, 26 de noviembre de 2020

ACTIVIDADES INTERACTIVAS MATEMÁTICAS TEMA 4 E 5

 Aquí seguimos meus queridiños e queridiñas BILLY ELIOTS! Dando grandes pasiños agora xa coa multiplicación e a división!


Para os e as que non podedes deixar de facer operacións, porque isto é adictivo jijij, déixovos unha serie de actividaxes interactivas para que sigades practicando e xogando dende casa:



TEMA 4: A MULTIPLICACIÓN

FICHA INTERACTIVA- MULTIPLICACIONES POR UNA CIFRA

FICHA INTERACTIVA- MULTIPLICACIONES POR DOS CIFRAS

FICHA INTERACTIVA- MULTIPLICACIÓN POR LA UNIDAD SEGUIDA DE CEROS

FICHA INTERACTIVA- MULTIPLICACIONES POR TRES CIFRAS



TEMA 5: A DIVISIÓN

FICHA INTERACTIVA- DIVISIONES EXACTAS

FICHA INTERACTIVA- DIVISIÓN EXACTA O ENTERA

FICHA INTERACTIVA- PRUEBA DE LA DIVISIÓN


SE CHEGACHES ATA AQUÍ... PARABÉNS POLO TEU TRABALLO!


martes, 24 de noviembre de 2020

25N

CHEGOU O DÍA! HOXE É 25 DE NOVEMBRO, DÍA INTERNACIONAL DA ELIMINACIÓN CONTRA A VIOLENCIA DAS MULLERES!


Os nosos e as nosas BILLY ELIOTS xa teñen as súas camisetas violetas preparadas, baxo o lema: BAILANDO NA IGUALDADE! E iso será o que faremos bailar para promover a igualdade coa canción YO SOLO QUIERO BAILAR. Estades preparados e preparadas?

As nosas camisetas violetas sairán ao patio cos nosos carteis reivindicando o NON pola violencia!






Se queredes recordar a canción, clicade no seguinte enlace do noso blog onde podedes atopar o vídeo:

CANCIÓN DO 25N


Ademais, déixovos unha serie de videocontos pola igualdade moi moi interesantes para este día:




Sen esquecernos da gran labor da nosa biblioteca cunha morea de lecturas recomendadas para este día:



#NIN UNHA MENOS!





viernes, 20 de noviembre de 2020

VÍDEOS E ACTIVIDADES INTERACTIVAS DE LENGUA CASTELLANA, TEMA 4

 Boa tarde BILLY ELIOTS! Pasaba por aquí para deixarvos unha serie de recursos de LC, tema 4, para que repasedes dende a vosa casa durante estes días.

Espero que vos sexa de axuda!

GENTILICIOS:


FICHA INTERACTIVA- GENTILICIOS

FICHA INTERACTIVA- GENTILICIOS II


PARTES DE LA NARRACIÓN:




LAS GRAFÍAS CA, QUE, QUI, CO, CU:




EL DETERMINANTE ARTÍCULO:








SE CHEGACHES ATA AQUÍ... PARABÉNS POLO TEU TRABALLO!


jueves, 19 de noviembre de 2020

DÍA UNIVERSAL DOS DEREITOS DOS NENOS E NENAS














 O Día Universal dos Dereitos dos nenos e das nenas, conmemórase tódolos anos o 20 de noviembro, é un día dedicado a tódolos nenos e nenas do mundo.

É un día de celebración polos avances conseguidos, pero sobre todo é un día para chamar a atención sobre a situación dos nenos máis desfavorecidos, dar a coñocer os dereitos da infancia e concienciar ás persoas da importancia de traballar día a día polo  seu benestar e desarrollo.

Aquí tendes un pequeno vídeo para seguir aprendendo sobre este día, que é o voso!


VÍDEO DEREITOS DOS NENOS E NENAS

E, para os e as que levan o ritmo no sangue, unha canción!

CANCIÓN DEREITOS DOS NENOS E DAS NENAS






lunes, 16 de noviembre de 2020

VÍDEOS E ACTIVIDADES INTERACTIVAS CCNN TEMA 4

 Hoxe comezamos tema novo de Ciencias da Natureza! Coma cada vez que comezamos un novo tema, aquí tedes unha serie de recursos que vos poden resultar útiles como repaso e como apoio.

Ben sei que hai moitos curiosos e curiosas na nosa clase que están desexando saber máis sobre os diferentes aparatos do noso corpo: como funcionan, cales son as súas partes, os seus órganos principais...

Velaquí vai:


APARATO DIXESTIVO









APARATO RESPIRATORIO






viernes, 13 de noviembre de 2020

ARTE DE MAGOSTO

Hoxe collimos un pincel 🖌 e unha paleta 🎨 improvisada para facer mezclas de cores, a partir das cores primarias, para pintar unha estampa de magosto. 

Foi toda unha aventura, xa que non estamos acostumados e acostumadas a esta técnica... Non pasa nada, seguiremos practicando aos poucos!

Como vedes, todo esforzo ten a súa recompensa, así que despois de mezclar e mezclar conseguimos as cores que necesitabamos: VERDE e MARRÒN!

Aquí tedes algunha mostra:










CUCURUCHOS PARA O MAGOSTO

 Un curso máis, o Magosto xa está aquí!

Esta vez pillounos o toro e hoxe mesmo pola mañá puxémonos mans á obra cos nosos cucuruchos. Que digo cucuruchos? Coas nosas cestiñas!









A verdade que foi un proceso moi sinxelo: necesitades dúas follas de papel de periódico, unha grampadora, moita imaxinaciòn e... A DOBRAR!

Que chulas, verdade?!

RECREACIÓNS DE FRANKIWINIE

 Xa temos rematados os nosos debuxos recreando aos personaxes da película de FRANKIWINIE.

A cabeza é a original, pero nòs puxémoslle todo o demais utilizando únicamente un lapis!

Interesante técnica, verdade?





jueves, 12 de noviembre de 2020

RECURSOS MAGOSTO

 O magosto está a piques de comenzar na nosa escola. Mañá conmemoraremos esta festa tradicional na nosa aula comendo castañas, lendo historias, poemas, refráns e cantando cancións.

Para que vaidades entrando en faena, déixovos unha serie de enlaces con recursos para este días.

Se o voso vicio é a lectura, non deixedes de visitar o blog da nosa biblioteca cunha morea de propostas para adentrarse no outono e no magosto sen movervos do voso sofá:

ATLASDOSSOÑOS- CONTOS DE OUTONO

Se queres xogar e bailar co magosto, pasádevos polo blog de Dinamización da Lingua Galega:

OFIADEIRODOSEIS- RECURSOS MAGOSTO



Vinde con fame porque teremos as tixolas con castañas esperando por vos!




RESULTADO DOS TRABALLOS DE SAMAIN

 Meus queridiños e queridiñas BILLY ELIOTS, xa podedes visualizar a montaxe fotográfica cos resultados dos vosso traballos e do resto de nenos e nenas do Seis de SAMAÍN no blog O FIADEIRO!

Parabéns polas vosas cabazas, contos de medo, manualidades,etc. realizadas durante estas semanas dende a vosa casa!

Déixovos o enlace para que desfrutarades dende a vosa casiña:

OFIADEIRODOSEIS- SAMAÍN 2020

OFIADEIRODOSEIS- CONTOS DO SAMAÍN




martes, 10 de noviembre de 2020

SESIÓNS ESPECIAIS DOS MARTES

 Hoxe retomamos esas sesións especiais que temos dous martes ao mês na aula de Informática e facendo robótica na aula coa nosa mestra Lucía.

En informática, aproveitamos para darlle un repaso ao blog: ver os vídeos de CCNN e CCSS, facer as actividades interactivas, adentrarnos en GOOGLE MAPS para descubrir o país no que de rodou a película do noso protagonista deste curso...e un sinfín de descubrimientos nun só clic!

Por outra banda, a outra metade na aula, aproveitou a sesión con Lucía para montar e desmontar os nosos robots e facer algo de programación dende as Tablets.




Interesante verdade? Haberá máis e millor!

lunes, 9 de noviembre de 2020

ACRÓSTICOS

 Hoxe descubrimos na sesión de Valores unha nova utilidade dos ACÓSTRICOS.

Como? Que aínda non sabes o que son? Pois pregunta aos nos@s BILLY ELIOTS que xa son uns e unhas expertas no tema.

Unha nova forma de describirmos e de coñecermos un pouquiño máis, facendo unha oración utilizando as inicias dos nosos nomes.

Velaquí unha mostra:







Parabéns polo estupendo traballo!